Ir o contido principal

Día Mundial da Abella no MHN

20.05.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural únese ao colectivo Máisquemel na divulgación do importante papel da abella e polinizadores no mantemento da biodiversidade.

Día Mundial da Abella no MHN
Día Mundial da Abella no MHN

A abella é o principal insecto polinizador que existe na natureza. A situación actual da pervivencia das abellas está en perigo por mor das actividades humanas. Chamar a atención destas circunstancias e concienciar a humanidade é o principal obxectivo da celebración anual do Día Mundial da Abella que foi declarado pola ONU o 20 de maio de cada ano.

Para afondar no seu transcendente rol na preservación da biodiversidade, o colectivo Máisquemel organiza ao longo do mesde maio actividades divulgativas coa colaboración de diversas entidades entre as que se atopa o Museo de Historia Natural da USC. 

Así, o sábado 20 o MHN abrirá as súas portas para a a visita libre da exposición 'Vespa velutina, unha invasión imparable' e acollerá das 17 ás 19 horas o 'Obradoiro de albergues de polinizadores' para aprender a colocarlos en hortas e xardíns. 

A participación nas actividades é de balde ata completar a capacidade da sala e pódese atopar máis información sobre outros eventos en distintas localidades de Compostela na web do colectivo Máisquemel e nos programas anexos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2023.