A Facultade desenvolverá ao longo da semana do 13 ao 17 diversas actividades conmemorativas

O programa de actividades organizadas con motivo do Día Mundial da Filosofía inclúen, entre outros actos, unha conferencia de Joan Fontcuberta, Premio Nacional de Ensaio e de Fotografía, así como dúas actividades sobre ética animal, ou unha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, entre outras propostas.
Luns 13, ás 18.30 na Sala Hipatia, celebrarase a Mesa Aberta de Debate 'Cara a destrución do canon: novos modos de ser e de facer filosofía'.
Martes 14, ás 18.00 horas no Salón de Actos, terá lugar o Ciclo de Cinema Filosófico coa proxección de Tropical Malady (2004).
Mércores 15, ás 18.00 no Salón de Actos, o Premio Nacional de Ensaio e de Fotografía Joan Fontcuberta pronunciará a conferencia 'Comer cos ollos: a era da iconografía'. Previamente, ás 16.00 horas no Salón de Actos, está previsto que se desenvolve un Kahoot filosófico, con premios para os mellores resultados.
Xoves 16, ás 12.30 horas na Aula 4, Daniel Rosende, de Unboxing Philosophy do IES do Sar, pronunciará a charla 'Escape room da caverna. Filosofía para pensar e cambiar o noso mundo. A partir das 13.15 horas na mesma aula, Olaia Freiría, da Fundación Ética Animal, falará sobre 'Etica animal na aula'. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas na Sala de Xuntas, Tristan Katz, da Universidade de Fribourg, e Joaquín Fernández Mateo, da URJC Madrid, encabezan a xornada 'Sheffield Santiago de Compostela a wild animal ethics workshop'. Para completar a xornada, a partir das 19.00 horas no Pub Modus Vivendi, está prevista unha sesión de 'Filosofía e pé de rúa' na que Rebeca Beceiro imparte unha charla sobre Solaris, de Andrei Tarkovsky, xunto coa proxección de escenas do filme.