Ir o contido principal

Acto institucional

Día do Patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

28.04.2021 | 12.30h

Videoconferencia en Microsoft Teams/ Aula B

Evento organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

O evento contará coa participación de Antonio López, reitor da USC, Mª Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, e Xoán Ramón Doldán García, decano da Facultade.

Durante o acto, entregaranse o premio da IX edición do concurso de pintura CreArte na Universidade, o premio Fulget 2020, os premios extraordinarios de máster e grao correspondentes ao curso 2019-2020, os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2018-2019 da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, o premio da II edición María del Carmen Lorenzo Díaz a TFG e TFM sobre a economía dos recursos naturais e do medio ambiente e os galardóns da XI Olimpíada Galega de Economía.

Tamén terá lugar o recoñecemento da acción solidaria da Facultade coa Asociación Española contra o Cancro e co Centro Don Bosco.

Debido á situación sanitaria, este ano o acto non poderá ser presencial, agás para os premiados/as e para o persoal convidado, pero poderá ser seguido a través de Microsoft Teams nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2021.