Ir o contido principal

Día do Patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

05.04.2022 | 12.00h

Salón de Graos
Santiago de Compostela

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá o martes, día 5 de abril ás 12.00 horas, o acto institucional en conmemoración do Día do Patrón do centro.

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o evento que contará tamén coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; e do decano de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Ramón Doldán García. 

O evento incluirá a entrega do Premio da undécima edición do Concurso de Pintura CreArte na Universidade, dos Premios Extraordinarios de Grao e Mestrado do centro, os Premios á Calidade Lingüística dos TFG do curso 2020-2021 e do Premio María del Carmen Guisán Seijas á Perspectiva de Xénero nos TFG da facultade. Ademais, o acto gardará lugar para o recoñeceento da acción solidaria da Facultade co Albergue Xoán XXIII. 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.04.2022.