Ir o contido principal

Día do Patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

10.04.2024 | 12.30h
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite

Este mércores 10 de abril desenvólvese no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a partir das 12.30 horas o programa de actos do Día do Patrón do centro. Presidirá o evento o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, que estará acompañado polo decano da Facultade, Xoán Ramón Doldán, e a profesora xubilada do mesmo centro María del Carmen Guisán Seijas.

Tras as intervencións do vicerreitor e do decano, entregaranse os premios de pintura Crearte na Universidade (XIII edición), Fulget 2023, Innovación Docente 2023, premios extraordinarios de grao e de mestrado 2022-2023, premio María del Carmen Guisán Seijas (IV edición) a TFG e María Xosé Rodríguez Galdo a TFM sobre a introdución da perspectiva de xénero e premios extraordinarios de doutoramento.

A continuación desenvolverase un acto de recoñecemento da acción solidaria da Facultade coa Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e con Enfermidades Oncohematolóxicas (Asotrame). Pechará o evento o vicerreitor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2024.