Ir o contido principal

Día do Patrón da Facultade de Ciencias da Educación

11.03.2022 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, será o encargado de presidir o acto.

Salon Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite
Salón Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acollerá o venres, día 11 de marzo, ás 11 horas, o acto institucional para a celebración do Patrón da Facultade de Ciencias da Educación. O evento contará coas intervencións do vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa; da decana da Facultade, Carmen Fernández Morante; e da catedrática Rita María Radl Philipp, que pronunciará a conferencia '(Re)construcción e deconstrucción de xénero. As identidades de xénero na encrucillada da educación'. 

Durante o acto, a secretaria da Facultade, Cristina Abeal Pereira, fará entrega dos diplomas dos Premios Extraordinarios de Grao e Mestrado do centro no curso 2020-2021. A cerimonia incluirá ademais a entrega do Sarmiento de Honra a profesorado do centro. 

As persoas interesadas en asistir ao acto deben comunicalo por vía telefónica (881.813.879) ou a través de correo-e á dirección: zedudeca [at] usc.gal (zedudeca[at]usc[dot]gal)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2022.