20.02.2020 | 12.00h
A Facultade de Psicoloxía celebra este xoves 20 o Día da Psicoloxía Académica cun acto presidido polo reitor Antonio López e que dará comezo ás 12.00 horas. A decana da Facultade Lourdes Mirón Redondo e a decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada, tomarán parte no acto
Cristina Botella Arbona, catedrática de Psicoloxía Clínica da Universidade de Valencia, será a conferenciante invitada para abordar a ‘A utilización das TIC na intervención psicolóxica’. A entrega de insignia e diploma aos estudantes de premio extraordinario de grao e máster completará o acto.