Ir o contido principal

Día do Traballo na Facultade de Relacións Laborais

28.04.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O acto de conmemoración incluirá a conferencia do presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, Ricardo Gabaldón Gabaldón

Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais
Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais

O venres 28 de abril a Facultade de Relacións Laborais conmemora o Día do Traballo cun acto oficial no Salón de Graos do centro. A decana da Facultade, Silvia Moscoso Ruibal, será encargada de presidir este evento que arrancará ás 12 horas e que contará tamén coa presenza da presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo e da presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soleira Lema.

O presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, Ricardo Gabaldón Gabaldón, ofrecerá a conferencia central do acto, titulada 'O futuro das relacións laborais con respecto ás saídas profesionais'.

O evento incluirá ademais a entrega do premio 'Profesor Javier Marañón' que recoñece as e os estudantes que mellor representan os valores sociais da Facultade e da profesión, o premio 'Elisabeth Suárez' ao mellor expediente académico do curso 2021-2022 e o premio 'Profesor Joaquín Vidal Portabales' aos mellores Traballos de Fin de Grao dese mesmo curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2023.