Ir o contido principal

Encontros sobre SARS-CoV-2 na Facultade de Bioloxía

'Diagnóstico de SARs-CoV-2' e 'Química Supramolecular para Bioloxía Sintética e Bioloxía Química'

15.10.2020 | 19.00h

Aula Magna / Microsoft Teams

Estes seminarios teñen a intención de dar visibilidade aos grupos de investigación que desenvolven proxectos relacionados coa pandemia de SARS-CoV-2

Cartel do seminario
Cartel do seminario

'Diagnóstico de SARs-CoV-2', impartida por Benito Regueiro, catedrático de Microbioloxía da USC e Xefe do Servizo de Microbioloxía do CHUVI; e 'Química Supramolecular para Bioloxía Sintética e Bioloxía Química', impartida por Javier Montenegro, Investigador Ramón y Cajal do CIQUS, son as charlas coas que se inician os 'Encontros sobre SARS-CoV-2 na Facultade de Bioloxía'.

Esta actividade organizada pola Facultade de Bioloxía, está especialmente dirixida a estudantes da Facultade de Bioloxía e concretamente aos do grao en Biotecnoloxía, que poderán asistir presencialmente ás conferencias na Aula Magna. Tamén poderá acceder as conferencias calquera membro da comunidade universitaria que o desexe mediante a ferramenta Microsoft Teams na seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.10.2020.