Ir o contido principal

25 anos de participación social na USC

'Diálogos na Academia'

Organizado polo Servizo de Participación e Integración Universitaria

Cartel '25 anos de participación social da USC'
Cartel '25 anos de participación social da USC'

En 2021, cúmprense 25 anos da posta en marcha da Oficina do Voluntariado da USC, hoxe Servizo de Participación e Integración Universitaria. Neste cuarto de século, máis de 10.000 universitarias e universitarios colaboraron en preto de 200 actividades propostas por máis de 150 entidades do terceiro sector da nosa comunidade autónoma.

A modo de conmemoración, o Servizo propón un acto institucional o mércores 25 de novembro para  poñer en valor os 25 anos de actividades cara á promoción da participación social e o voluntariado na USC, reforzar e reafirmar as colaboracións coas entidades do terceiro sector a para a mellora da calidade da oferta académica da USC e dos proxectos das entidades e reflexionar e repensar a participación social e o voluntariado na USC como ferramenta para o compromiso cidadán. 

Será o reitor da USC, Antonio López, o encargargado e abrir o evento cunha reflexión sobre as actividades desenvolvidas dende a institución para a promoción da participación social e do voluntariado, e como ferramenta para a formación das/os  egresadas/os.

O acto incluirá a entrega dun agasallo ás dúas  vicerreitoras implicadas no inicio e expansión dos traballos da Oficina do Voluntariado/Servizo de Participación e Integración Universitaria, Amelia Gonzalez Méndez e Elena Vázquez Cendón.

A seguir, representantes das entidades sociais coas que se colabora (unha por cada campus da USC) realizarán unha sinatura do novo convenio de colaboración para actividades de voluntariado. 

A sinatura dará paso a unha mesa de diálogo na que participaran as entidades, persoas voluntarias e  representantes da Universidade co albo de promover unha reflexión sobre o feito e o que está por vir nos vindeiros anos, sobre as novas vías de participación e a mellora dos proxectos de participación social e voluntariado na nosa Universidade.

 

Programa

  • 09.45 h Presentación. Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizo. Mar Lorenzo Moledo. Decana da Facultade de CC da Educación. Carmen Fernández Morante
  • 10.30 h Acto de recoñecemento da institución.
    • Amelia González Méndez. Catedrática de Dereito Financieiro e Tributario da USC
    • Elena Vázquez Cendón. ProfesoraTitular de Matemática Aplicada da USC
  • 10.45 h Sinatura dos novos convenios de colaboración.
    • Isabel Gey Pérez. Presidenta de AGADEA
    • Ana Regueira Fuenteseca. Directora de ALUME Saúde Mental.
  • 11.00-12.30 h Mesa diálogo
    • Ricardo Calza González. Voluntario no Campus de Santiago.
    • Julia Ammerman Yebra. Voluntaria no Campus de Santiago.
    • Minerva Varela Saa. Voluntaria no Campus de Lugo.
    • Isabel Gey Pérez. Presidenta de AGADEA.
    • Ana Regueira Fuenteseca. Directora de ALUME Saúde Mental.
    • Javier Agrafojo Fernández. Coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2021.