Ir o contido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso)'

21.06.2022 | 22.00h

Terraza
Santiago de Compostela

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas
Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas

A compañía Paraíso Teatro abre o calendario de representacións coa peza 'Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso)'. O seu pase será o martes 21 de xuño ás 22.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade. 

O acceso á función é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes da función. 

Paraíso Teatro

Tentados por unha serpe, catro artistas de recoñecido prestixio e talento no eido escénico internacional, xúntanse por primeira vez nun proxecto no que liberar a súa excelsa creatividade, combinando as dúas artes que dominan de xeito maxistral, a interpretación e a música.

'Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso)'. FOTO: Ramón Bermejo
'Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso)'. FOTO: Ramón Bermejo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2022.