Mostra enmarcada na sección de exposicións temporais do programa Contornos da Facultade de Filoloxía

A exposición 'Dicionario Visual Galego' inaugúrase o mércores 31 de maio ás 19.00 horas na entrada da Facultade de Filoloxía.
Ao falar de dicionario sempre pensamos nun glosario de termos defini dos a través da escrita, pero por que non representar estes conceptos visualmente? O estudantado de 1º curso do Ciclo Superior de Fotografía da EASD Mestre Mateo propón outra maneira de explicalos, revelando o seu significado a través da linguaxe visual. Este traballo grupal ten a pretensión de achegar unha nova vía de acceso ao noso eido cultural, proporcionando un xeito diferente de definir os significados que conforman o noso saber. A exposición, inscrita na sección de exposicións temporais do programa Contornos da Facultade de Filoloxía, poderá visitarse ata o 1 de setembro no horario de apertura do centro.