Ir o contido principal

Regueifas de Ciencia

'É a dieta vegana a mellor para o planeta?'

02.12.2022 | 19.30h-21.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

Laura Batlle Bayer, Ujué Fresán Salvo, Gumersindo Feijoo Costa e Juan Pascual participan na primeira Regueifa de Ciencia do curso 2022-23

A próxima sesión de Regueifas de Ciencia afonda na repercusión da nosa dieta no planeta
A próxima sesión de Regueifas de Ciencia afonda na repercusión da nosa dieta no planeta

O programa de debates Regueifas de Ciencia, unha iniciativa promovida pola USC con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), comeza un novo curso este venres 2 de decembro cun debate sobre a pegada medioambiental da nosa dieta. 

O encontro arrancará ás 19.30 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para tratar de dar resposta a cuestións como as seguintes:  Pode ser o veganismo un elemento fundamental na nosa resposta ante a emerxencia climática? Cales serían as consecuencias dun mundo vegano?

Nel participan Laura Batlle Bayer, directora de sustentabilidade de Heura Foods, Ujué Fresán, investigadora de ISGlobal, Gumersindo Feijoo Costa, catedrático de Enxeñaría Química da USC, e Juan Pascual, veterinario e vicepresidente de Elanco.

A sesión,  de acceso libre ata completar a capacidade da sala, poderá seguirse en liña a través desta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2022.