Ir o contido principal

Xornada de formación práctica

'Dixitalización das pequenas empresas e comerciantes composteláns', a cargo de Raúl Rebollo Redondo

Evento organizado por Santiago Centro en colaboración co Máster en Márketing Dixital e Xestión Comercial da USC, co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago

Raúl Rebollo Redondo
Raúl Rebollo Redondo

Na xornada de formación práctica 'Dixitalización das pequenas empresas e comerciantes composteláns' a cargo de Raúl Rebollo Redondo, experto en comercio e márketig dixital, o alumnado do máster colaborará cos comerciantes e pequenos empresarios de Santiago que desexen ampliar coñecementos sobre venda en liña a través de propostas específicas vinculadas aos seus negocios, sendo guiados en todo momento polo docente.

Comezaranse as sesións explicando o que é unha canle de venda en liña, abordando a selección da plataforma, o plan de márketing dixital, a xestión loxística ou os medios de pago. Tamén se tratarán aspectos legais, fiscais e a política de atención ao cliente cunha metodoloxía práctica baseada en casos de éxito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2021.