Ir o contido principal

Congreso internacional

'Docencia universitaria, Dereito e Artes: Literatura, Cinema, Pintura...'

09.11.2020 | 17.00h

Posibilidade de seguilo en liña

O congreso será inaugurado polo reitor da USC Antonio López Díaz

Cartel do seminario
Cartel do seminario

O congreso internacional 'Docencia universitaria, Dereito e Artes: Literatura, Cinema, Pintura...' terá lugar os días 9 e 10 de novembro. Na primeira xornada, que comeza ás 17.00 horas, o reitor da USC Antonio López será o responsable de inaugurar o encontro presentando ás membros da mesa presidencial, Marta Otero Crespo, profesora de Dereito Civil e codirectora do Congreso; e Ana Mª Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito.

Os temas do día serán 'Dereitos da participación dos artistas plásticos', 'Os dereitos das músicas e dos músicos nos tempos da COVID-19', 'Docencia, Dereito, Ópera. Prima la musica, pol le parole?', 'Dereito e cine porno: unha relación carnal' e 'O poder da literatura'.

Na xornado do martes 10, que comeza ás 9.00 horas, abordarase a 'Liberdade de creación literaria como Dereito humano. A censura á luz do Dereito de autor', 'Sobre a arte do Dereito. A norma como partitura, o xurista coma músico', 'Literatura iberoamericana e Dereito' e 'O proceso de Kafka: unha ferramenta para a aprendizaxe no proceso penal'. Para rematar, terá lugar a defensa das comunicacións e a clausura.

A participación en calidade de asistente é de balde e pode ser en liña. A inscrición pode realizarse no correo electrónico investigadoras [at] iustitiaomnibus.org (investigadoras[at]iustitiaomnibus[dot]org), indicando nome, apelidos, cargo e filiación académica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2020.