Ir o contido principal

Doutoramento 'honoris causa' para Martha C. Nussbaum e Michael Keating

18.12.2023 | 12.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

Reciben o recoñecemento polas súas traxectorias no eido da Filosofía e das Ciencias Políticas

Martha C. Nussbaum (University of Chicago) e Michael Keating (University of Aberdeen)
Martha C. Nussbaum (University of Chicago) e Michael Keating (University of Aberdeen)

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside o luns 18 ás 12.00 horas no Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia) o acto académico de investidura como doutora honoris causa da profesora Martha C. Nussbaum e como doutor honoris causa do profesor Michael Keating.

Intervirán como padriño da profesora Nussbaum o profesor de Filosofía Martín González Fernández, e como padriño do profesor Michael Keating intervirá Ramón Máiz Suárez, profesor emérito de Ciencia Política e da Administración. As investigacións de Martha C. Nussbaum céntranse na filosofía antiga, na filosofía política, na filosofía do dereito e na ética. A cerna do programa de investigación de Michael Keating é a política do territorio.

O acto poderase seguir en directo na Canle Youtube da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2023.