Ir o contido principal

Presentación do estudo do IDEGA

'A Economía Galega. Informe 2022'

14.09.2023 | 11.00h

Santiago de Compostela

Dolores Riveiro e Roberto Bande coordinan este novo informe do IDEGA

Presentación do estudo 'A Economía Galega. Informe 2022'
Presentación do estudo 'A Economía Galega. Informe 2022'

O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) presentará o estudo 'A Economía Galega. Informe 2022' o xoves 14 de setembro ás 11 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC.  A publicación, coordinada por Dolores Riveiro e Roberto Bande, analiza o mercado de traballo, o eido agrario, a pesca, a industria, a construción, os servizos e os sectores turístico, financeiro, público e exterior. Este novo documento engrosa a serie de informes que se editan con periodicidade anual desde 1986 e abre unha nova etapa coa colaboración da Deputación da Coruña e de Caixa Rural Galega.

O seu acto de presentación, presidido polo reitor Antonio López, contará coa presenza de  José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega; Dolores Riveiro García, directora do IDEGA; Roberto Bande Ramudo, decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC; e Luis Miguel Varela Cabo, catedrático de física da USC e director técnico da Asociación Galega do Hidróxeno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2023.