Promovidos pola Xunta de Galicia coa colaboración das tres universidades galegas, estes encontros ofrecen ao estudantado do SUG oportunidades de formación e networking complementarias ao currículo académico.

O programa Primavera Xove busca xerar espazos para o desenvolvemento habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal.
Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto da man de figuras de relevancia a través de actividades nos Campus da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade.
O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.
Na USC, o primeiro deles terá lugar o mércores, día 6 de abril, ás 18 horas na praza do Seminario de Estudos Galegos ou no vestíbulo da Facultade de Bioloxía.
Contará coas intervencións da divulgadora Tamara Pazos, que tratará sobre a 'Day routine segundo a ciencia' e a traballadora social do programa Quérote +, Lucía Carballeira, que falará sobre o 'Coidado dos vínculos afectivos'.
Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. Poderase escoller participar nunha ou en varias das accións contempladas na programación.