Mostra elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Esscolar do Grao en Mestra/e de Educación Primaria

A exposición 'A educación ten faciana de Muller' percorre a traxectoria de mestras e pedagogas galegas para deconstruir a pegada androcéntrica do ensino e facer visibles figuras que, malia vivir no ostracismo social e cultural, formaron parte da historia da educación.
Elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar do Grao en Mestra/e de Educación Primaria, a mostra conta con financiación da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación (USC) e foi inaugurada o mércores 14 de decembro ás 16.00 horas no edificio que o centro ten no Campus Norte.