Ir o contido principal

'Educación en feminino: un paseo pola historia'

22/02/2024 - 10.20 horas

Alumnado da materia 'Teoría e Historia da Educación Escolar' inauguran este xoves a mostra de cartaces divulgativos elaborada baixo a coordinación do profesor Francisco Xosé Candia, nun acto no que tamén participará a decana de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda

Cartaz informativo da mostra
Cartaz informativo da mostra

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC inaugura este xoves, a partir das 10.20 horas, no vestíbulo do centro, a sétima edición da mostra ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’, unha obra colectiva elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar, que imparte o profesor Francisco Xosé Candia Durán.

A decana da Facultade de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda Gorgoso, tamén participará no acto simbólico de apertura dunha mostra, unha sesión que contará tamén coa participación do alumnado e doutros docentes do centro universitario lugués.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2024.