Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

O profesor Ramón Facal, do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, será o respondable desta conferecia en liña, na que sea abordará o contexto educativo en tempos da pandemia provocada pola COVID-19. Poderase acceder á conferencia o martes 30 de xuño, a partir das 12.00 horas, a través da seguinte ligazón.
Ao remate da intervención terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.