Salón de actos
O xefe do departamento de Pastos e Cultivos do CIAM, Gonzalo Flores; o responsable de xestión de Os Irmandiños, Rubén García, e o xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza, Iann Pouliquen, abordan este venres, ás 16.00 horas, no salón de actos da EPSE, as posibilidades que teñen as granxas para facer fronte ao incremento do prezo dos insumos por mor da guerra de Ucraína

A alza de prezos de insumos a consecuencia da guerra de Ucraína e as alternativas que teñen ao seu alcance as granxas para afrontar esta situación centra este venres, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, unha mesa de debate na que intervirán como relatores o xefe do departamento de Pastos e Cultivos do CIAM, Gonzalo Flores; o responsable de xestión de Os Irmandiños, Rubén García, e o xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza, Iann Pouliquen.
A sesión, promovida polo grupo de innovación docente Ruralia, é de acceso libre e está aberta á participación de todo o público interesado. O debate tamén se pode seguir de xeito telemático na canle de YouTube, a través da ligazón cutt.ly/directo.