27.08.2020 | 12.00h
Este ciclo conta coa participación da Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

'Efervesciencia' é un programa de divulgación científica da Radio Galega creado polo científico e comunicador Manuel Vicente. Producido pola Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da FECYT, nesta ocasión o programa será gravado na Igrexa da Universidade, onde se atopa un órgano de tubos de 1802, e nel exploraranse as conexións entre a física, a acústica e a historia co mundo dos órganos e a música, contando para a ocasión coa colaboración dos organistas Andrés Cea e Erea Blanco.