Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren este programa cuxa recadación será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Nado en Arxentina en 1964 pero afincado en España desde moi novo é tamén artista de vídeo, intérprete e director de escena. Creador atípico que conxuga nos seus espectáculos elementos clásicos cos da cultura popular contemporánea, elabora xunto a súa compañía La Carnicería Teatro unha linguaxe teatral sorprendente.
Cos seus espectáculos corrosivos e de marcado acento propio, Rodrigo García participou nos principais festivais europeos, converténdose nun dos creadores referenciais da actual escena internacional.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.