Ir o contido principal

Encontro científico ‘Transición Ecolóxica: Teoría e Práctica’

13.06.2025 | 09.30h-13.30h

Organizado por ECOBAS, contará con persoal experto de primeiro nivel

Organizado por ECOBAS, o encontro contará con persoal experto de primeiro nivel
Organizado por ECOBAS, o encontro contará con persoal experto de primeiro nivel

O centro de investigación ECOBAS que dirixe a profesora da USC María Loureiro organiza o venres 13 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas a conferencia ‘Transición Ecolóxica: Teoría e Práctica’ que contará con persoal experto de primeiro nivel.

A xornada, na que é preciso inscribirse previamente, comezará ás 9.30 horas coa intervención do investigador de ECOBAS (USC) Fernando del Río, a quen lle seguirá o profesor Raouf Boucekkine, da Université Aix-en-Provence, cun relatorio centrado na irreversibilidade da contaminación local como global e o que isto supón en termos de axuste das políticas medioambientais.

O deseño de solucións naturais para mitigar os impactos do cambio climático centrará a intervención de María Loureiro, que dará paso a Andy Dobson, da Universidade de Princeton, sobre a conservación de parques e a biodiversidade.

A clausura do encontro, prevista para as 13.15 horas, correrá a cargo do secretario xeral da Oficina Económica da Xunta de Galicia, investigador de ECOBAS en servizos especiais e catedrático da USC, Juan Carlos Reboredo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2025.