Ir o contido principal

Encontro estatal e asemblea xeral de estudantes de Farmacia

16.11.2023-19.11.2023 | 15.15h-14.00h

Falarase do futuro da profesión e das innovacións que están a transformala

Facultade de Farmacia
Facultade de Farmacia

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais acolle desde este xoves 16 o Encontro estatal de representantes de estudantes de Farmacia, evento que se prolongará ata o sábado 18. Nel analizaranse as posibilidades laborais en empresas científicas ou oficinas de farmacia, así como a actividades de representación estudantil.

A inauguración institucional será ás 16.00 horas no Salón de Actos coa presenza da vicerreitora de Estudantes da USC, Pilar Murias; da decana da Facultade de Farmacia, Reyes Laguna; do secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; do presidente de Regeifar e vicepresidente de Educación da Federación Española de Estudiantes de Farmacia, León Felipe Ureña Sánchez; do presidente do CGCOF, Jesús Aguilar Santamaría; da presidenta do COFC, Sara Catrain González e do presidente da RAFG, Ángel Concheiro Nine.

O sábado 18 ás 16.00 horas comezará na mesma facultade a 45 asemblea xeral da Federación Española de Estudiantes de Farmacia, que rematará o domingo 19 ás 14.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2023.