Ir o contido principal

Encontro informativo da convocatoria Ramón y Cajal 2024

09.01.2025 | 11.30h
Edificio do Cactus en Lugo
Edificio do Cactus en Lugo

Este xoves 9 de xaneiro a partir das 11.30 da mañá terá lugar no Edificio Cactus de Lugo un encontro para facilitar información sobre a convocatoria Ramón y Cajal, ao que está convidado a asistir o persoal posdoutoral que estea pensando en presentarse a esta convocatoria, ou estea interesado en presentarse en vindeiras convocatorias. Os temas que se abordarán son: aspectos fundamentais da convocatoria de 2024, o proceso de vinculación á USC e a experiencia de persoal investigador Ramón y Cajal nas últimas convocatorias. 

As persoas interesadas deberán enviar un email para rexistrarse a campus.terra [at] usc.gal (campus[dot]terra[at]usc[dot]gal) indicando o seu nome completo así como a súa área científica, e se nestes momentos teñen vínculo laboral coa USC. No encontro participarán Emilio M. Martínez Rivas, director da Área de Promoción e Estratexia Científica da vicerreitoría de Política Científica; César Pérez Cruzado, profesor titular da área de Proxectos de Enxeñería, e antigo investigador Ramón y Cajal; Alba Díaz Geada, investigadora Ramón y Cajal da área de Historia Contemporánea.

O prazo de presentación de candidaturas a esta convocatoria comezou o 16 de decembro e remata o 21 de xaneiro de 2025 ás 14.00 horas. A Universidade de Santiago de Compostela vai ofertar prazas en todas as áreas de coñecemento, e mantén, dende hai anos, unha política activa de incorporación de persoal investigador seleccionado nesta convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2025.