Ir o contido principal

I Encontro de Innovación Docente en Estudos Latinoamericanos Comparados

30.03.2023 | 12.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O encontro conta co apoio económico da Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía e do proxecto de Investigación 'Estéticas da obsolescenica: elementos para a análise das relacións entre literatura e novos medios'

Cartel do encontro
Cartel do encontro

A Facultade de Filoloxía acolle o xoves 30 de marzo o I Encontro de Innovación Docente en Estudos Latinoamericanos Comparados. Laurence Malingret, vicedecana do centro, e Paulo Gatica Cote, un dos integrantes do comité organizador xunto con Sarah Vidal Horta e Wang Chenchen, abrirán a xornadas ás 12.00 no Salón de Actos da Facultade.

A seguir, o encontro permitirá coñecer o labor das cátedras Iberoamericana e Carpentier da USC en relación coa innovación docente e asistir ás conferencias de Jesús Montoya Juárez (Universidade de Murcia) arredor da 'Literatura contra o futuro: imaxinarios antropocéntricos nas narrativas de Fernanda Trías e Edmundo Paz Soldán', e de Osvaldo Manuel Silvestre (Instituto de Estudos Brasileiros da Universidade de Coímbra) sobre 'Como actuar despois da formación da literatura brasileira: algúns exemplos e algunhas propostas). 

A sesión da tarde incluirá unha reunión para a constitución dun Grupo de Innovación Docente en Estudos Latinoamericanos Comparados  e unha conferencia de Joseba Buj (Universidade Iberoamericana- CDMX) arredor da 'Teoría literaria, hispanismo e arquivos da da precariedade' para alén da presentación do libro Exilio, ¿para qué? Identidad/precariedad: destrucción (Bonilla Artigas Editores, 2022)

A partir das 18.30 horas o 'Sementeiro de investigación latinoamericanista' explorará diferentes liñas de traballo como a de 'Migracións, diáspora, fronteira e innovación docente', con Wang Chenchen e Carolina Heraz; as 'Transferencias culturais no espazo transatlántico e innovación docente', con Sara Vidal Horta, Belén Quinteiro Puilleiro, Márlio Barcellos Pereira da Silva e Nieves Verdugo Álvarez; ou a de 'Política, violencia e mobilización e innovación docente' con - Adrián Feijoo Sánchez, Marco Morra, Xaquín Bermello Corominas. 

Ao peche do encontro, aínda haberá tempora para unha discusión final sobre as investigacións doutorais latinoamericanistas en curso na USC en relación coa innovación docente. 

 Esta actividade conta co apoio económico da Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía e do proxecto de Investigación 'Estéticas da obsolescenica: elementos para a análise das relacións entre literatura e novos medios' e a  asistencia ás distintas sesións é libre ata completar a capacidade da sala. 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2023.