Ir o contido principal

Encontro Ramón y Cajal no iMATUS

22.03.2024 | 11.00h-13.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos

Instituto de Materiais da USC. FOTO: Santi Alvite
Instituto de Materiais da USC. FOTO: Santi Alvite

Este venres 22 de marzo terá lugar de 11.00 a 13.00 horas no salón do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) un Encontro de investigadoras e investigadores Ramón y Cajal (RyC), organizado por membros deste colectivo que pertencen a iMATUS, e aberto a toda a comunidade universitaria.

O encontro está especialmente dirixido a investigadoras e investigadores xoves e tamén a quen remate a súa formación posdoutoral e queira información actualizada sobre os programas da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Na parte final de evento, a mesa redonda está pensada para abrir un foro de debate e facer posible a formulación de dúbidas ou consultas polas persoas asistentes sobre o programa RyC e axudas da GAIN para postdocs.

A xornada comeza ás 11.00 horas coa benvida por Carmen Álvarez Lorenzo, directora de iMATUS. Ás 11.15 horas Víctor Pardo Castro, investigador RyC de iMATUS fala sobre 'O camiño ata RyC'; ás 11.30 horas María Giménez López, xestora da Axencia Española de Investigación (AEI) presentará 'O programa RyC MAT'; ás 11.45 Eva Acosta Plaza, xestora da AEI explica 'O programa RyC Física'; ás 12.00 horas María José Mariño Fontenla, directora da Área de Centros de GAIN, presenta os 'Programas de GAIN post-RyC'; entre 12.15 e 13.00 horas desenvolverase a mesa redonda 'Pasado, presente e futuro do programa RyC coa participación das persoas xa mencionadas, o persoal RyC de iMATUS e Sonia García de GAIN.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2024.