Ir o contido principal

Encontros americanos na Granell: Nomear as ausencias no México presente

29.10.2025 | 19.00h

Fundación Eugenio Granell
Santiago de Compostela

Eugenio Granell, 'La presencia de la ausencia', 1958. Colección Fundación Eugenio Granell
Eugenio Granell, 'La presencia de la ausencia', 1958. Colección Fundación Eugenio Granell

Os Encontros americanos na Granell que organiza o grupo de investigación HisAmérica da USC co apoio da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes terán o mércores 29 unha nova cita. Será ás 19.00 horas cando o profesor Rodolfo Gamiño imparta a charla ‘Nomear as ausencias no México presente’.

Este encontro busca colocar no centro do debate o fenómeno da ausencia. En México persiste a ausencia de persoas e tamén de narrativa, polo que asistimos ao aparente triunfo do indicible. Faltan ferramentas para explicar que é e como debemos nomear a ausencia, o ausente.

Exporase como familiares cun ser querido desaparecido o nomearon, cales foron as metáforas empregadas para dar sentido a ese sensentido, para explicarse e explicarnos a experiencia ante a ausencia. Analizarase como esas metáforas articularon para os familiares de desaparecidos un sentido, unha identidade, detonando mobilizacións e accións de resistencia, tanto nos espzos privados como nos públicos. E reflexionarase sobre os riscos de uso e a excesiva lexicalización desas metáforas tanto a corto, mediano e largo prazo en termos de esclarecemento, verdade, xustizas e reparacións.

Rodolfo Gamiño Muñoz é doutor en Antropoloxía polo Centro de Investigacións e Estudios Superiores en Antropoloxía Social Cidade de México (CIESAS-CDMX), académico-investigador do Departamento de Historia da Universidade Iberoamericana (Cidade de México) e columnista en diversos medios de comunicación. As súas investigacións dedícanse a: Historia do Tempo Presente, Guerrilla e violencia política, Políticas da memoria e esquecemento, Desaparición forzada e Metáforas de ausencia. Ten publicado diversos libros sobre a violencia, a desaparición e as memorias.

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2025.