Ir o contido principal

Encontros na USC en Compostela

O curso pasado asistiron a estes encontros en Santiago 5.200 estudantes. Foto: Santi Alvite
O curso pasado asistiron a estes encontros en Santiago 5.200 estudantes. Foto: Santi Alvite

Os Encontros na Zona USC volverán ser punto de achegamento para estudantes de ensino medio de toda Galicia ao longo deste mes de febreiro. Estes Encontros aproximan o estudantado preuniversitario ás facultades, escolas e servizos da USC, alén de ofrecerlle a oportunidade de recibir información sobre a oferta de estudos de grao. Cada estudante poderá elixir un percorrido, de entre os quince ofertados, en función das súas preferencias iniciais. Deste xeito, o estudantado visitará aulas, laboratorios e outros espazos dos centros nos que se imparten os graos da súa preferencia.

Os Encontros no Campus de Santiago de Compostela comezan o martes 4 de febreiro e estenderanse ata o día 7. Ao longo destes catro días, máis de 5.300 estudantes procedentes de mais dun cento de centros de ensino medio de toda Galicia, coñecerán a fondo o campus compostelán.

A mocidade preuniversitaria puido seleccionar previamente, de acordo coas súas inquietudes formativas, os centros que desexaban coñecer de primeira man. Nestas visitas, ademais de profesorado, participan alumnado titor dos distintos centros universitarios, que serán o encargado de dirixir a visita polo campus e trasladarlle ao estudantado as súas vivencias na USC.

En Lugo, a actividade terá lugar o 25 e 26 de febreiro
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2025.