Ir o contido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

'Encounters', de Belén L. Yáñez

26.06.2021 | 21.00h

A recadación obtida polo festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe da composición
Imaxe da composición

'Encounters' é unha vídeo instalación interactiva na que se convida aos espectadores a establecer un diálogo entre eles utilizando as súas mans. O  traballo de  Belén  L. Yáñez explora  as  interaccións humanas a través de prácticas participativas que combinan performance, arte visual e instalación.

A vídeo instalación interactiva, de 20 minutos de duración, contará con tres pases, ás 21.00 horas, 21.30 e 22.00.

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2021.