O acto de presentación desennvolverase na Cátedra Valente coas intervencións de José Mnauel Bouzas e de Claudio Rodríguez Fer

O próximo xoves, 1 de decembro de 2022, ás 19 horas, terá lugar na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a presentación do libro Enigma del límite y margen de silencio, Mark Tobey- José Ángel Valente (Una lectura). O autor do volume é o artista, profesor e ensaísta José Manuel Bouzas, amigo do poeta, que investigou moi a fondo as conexións do escritor ourensán co pintor estadounidense Mark Tobey.
Abrirá o acto o poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente para dar paso á intevención do autor do libro, que presentará a obra e manterá un libre coloquio interdisciplinario co público asistente.