Ir o contido principal

Conferencias do ILG

O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego

17.03.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela

Relatorio de Takeshi Kakihara, da Universidade de Kwansei Gakuin (Xapón)

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

O ILG promove o vindeiro venres 17 de marzo unha conferencia do investigador da Universidade de Kwansei Gakuin (Xapón) Takeshi Kakihara

Baixo o título 'O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego', o relatorio afonda na importancia da presenza de estudantes de galego no exterior é para o futuro do idioma, que fai que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia inclúa a proxección exterior do galego como unha parte da súa política lingüística.

Para achegarnos á realidade do ensino de galego para non galegofalantes,  o investigadora analiza os temas tratados nos manuais didácticos Aula de Galego 1-4, publicados pola Xunta de Galicia e dirixidos principalmente a estudantes non galegofalantes. Por outro lado, e a fin de coñecer os motivos das persoas estranxeiras para estudar galego, revisa os comentarios escritos polo alumnado no cuestionario realizado ao final do Curso de verán de lingua e cultura galegas organizado polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia.

A conferenia comeza ás 12.30 horas no Instituto da Lingua Galega e o acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2023.