Ir o contido principal

Entrega da acreditación de Campus de Especialización para o Campus Terra

5/07/2022 - 11.30 horas

Lugo
Casa do Saber

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entrega as credenciais do Campus de Especialización ao reitor da USC, Antonio López

Vista do Campus Terra da USC
Vista do Campus Terra da USC

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregará este martes, a partir das 11.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a acreditación do Campus de Especialización ao Campus Terra da sede universitaria luguesa ao reitor da USC, Antonio López.

O acto institucional contará coa presenza de diversos representantes políticos, así como dunha nutrida representación do equipo de goberno da USC e, nomeadamente, de responsables académicos e de I+D no Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2022.