O acto estará presidido pola vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso e nel recibirán o diploma 97 estudantes

O STEMbach, ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, promove a vocación do estudantado cara á investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario. Diríxese tanto ao estudantado de Humanidades como ao de Ciencias e foi creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital.
O venres, día 9 de xuño, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais acollerá o acto de entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2023, un evento que será presidido pola vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso, e que contará coa presenza de Rosa Romero Franco, directora da EPSE; de Julia Gonzalez Álvarez, directora da ETSE; de Reyes Laguna Francia, decana de Farmacia; de Elena Vázquez Cendón, decana de Matemáticas; Elena López Lago, decada de Física, e de Celso Rodríguez Fernández, delegado do reitor para o Ensino Medio e coordinador do programa A Ponte.
A cerimonia comezará ás 17.30 horas no Salón de Actos do centro e nela recibirán a distinción 97 estudantes que contarán coa compaña das súas familias, das coordinadoras e dos coordinadores de STEMbach dos centros de Ensino Medio e as directoras e os directores dos proxectos pertencentes a Universidade de Santiago.