22.10.2021 | 11.00h
Evento organizado pola Universidade de Santiago de Compostela

O vindeiro venres 22 de outubro ás 11.00 horas terá lugar no salón de Graos do Colexio de San Xerome o acto de entrega da Insignia de Ouro da USC ao profesor Moisés de Lemos Martins da Universidade do Minho e
á profesora Margarida Mª Krohling Kunsch da Universidade de São Paulo.
A asistencia debe confirmarse antes do 20 de outubro no correo electrónico reitor.secretaria [at] usc.gal (reitor[dot]secretaria[at]usc[dot]gal).