A sesión organizada polo Ibader e o LaboraTe da USC desenvolverase en liña o xoves a, partir das 13.00 horas, e inclúe o relatorio ‘Raíces agrarias do despoboamento en España’, a cargo de David Soto Fernández

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da USC, celebrarán o vindeiro xoves 17 de novembro a cerimonia de entrega de galardóns da terceira edición do Premio Rafael Crecente de Propostas Innovadoras de Xestión Territorial, dotado con dous galardóns de 2.000 e 1.000 euros en metálico para as candidaturas máis valoradas polo xurado.
A cerimonia de clausura do III Premo Rafael Crecente, un certame promovido en lembranza da figura e o legado do profesor Rafael Crecente Maseda e co obxectivo de impulsar ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural e a conservación do medio ambiente, desenvolverase en liña, a partir das 13.00 horas, a través da plataforma Zoom e tamén poderá seguirse a través da canle de YouTube do Laboratorio do Territorio da USC.
O acto, que servirá tamén de plataforma de presentación da cuarta edición do Premio Rafael Crecente de Propostas Innovadoras de Xestión Territorial, incluirá o relatorio ‘Raíces agrarias da despoboamento en España’, a cargo do profesor da USC David Soto Fernández.