O grupo GICEO da USC, impulsor do campionato mundial de modelado D3Mobile Metrology World League, celebra a cerimonia de entrega dos galardóns aos distintos gañadores da última edición da competición este martes, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da EPSE do Campus Terra

O grupo de investigación GICEO-USC, promotor do campionato mundial de modelado 3d D3Mobile, celebra este martes, 20 de xuño, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, a cerimonia de entrega aos equipos galardoados nas distintas modalidades da última edición desta competición escolar internacional.
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; a coordinadora do grupo GICEO da USC, a profesora Mariluz Gil Docampo; o director do proxecto D3Mobile, Juan Ortiz; a secretaria académica da EPS de Enxeñaría María José Iniesto, e o director do servizo rexional do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo, intervirán como relatores nun acto que tamén se poderá seguir por streaming.