Evento organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos en colaboración coa USC

O 22 de xuño ás 17.00 terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía o acto de entrega de premios e diplomas dos diversos concursos organizados pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC-Galicia) en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana e o grupo de investigación Estudos Clásicos e Medievais da USC.
Eses concursos están dirixidos a estudantes de Secundaria e Bacharelato dos centros de ensino de toda Galicia e son os seguintes: o XVI edición do concurso de cultura clásica 'Odisea', no que participaron 428 estudantes de 31 centros; o concurso 'A máscara que inspira. Teatro grecolatino na aula', patrocinado pola Concellería de Educación do Concello de Lugo e no que participaron 41 estudantes de 14 centros; e a VI Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, na que participaron 87 estudantes de 30 centros, 35 na modalidade de Lingua Grega e 52 na modalidade de Lingua Latina.