Ir o contido principal

Entrega de premios e diplomas do XVII Concurso 'Odisea-2022' e da VII Olimpíada de Textos Clásicos

16.06.2022 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos promove estes certames en colaboración coa USC

Facultade de Filoloxía. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de Filoloxía. FOTO: Andrés Fraga

A Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana e o grupo de investigación Estudos Clásicos e Medievais da USC celebraron en 2022 a XVII edición do concurso de cultura clásica “Odisea-2022”, no que participaron 503 estudantes de 32 centros, e a VII Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos-2022, na que participaron 107 estudantes de 27 centros: 26 na modalidade de Lingua Grega e 81 na modalidade de Lingua Latina.

O xoves 16 de xuño ás 17.00 horas, o Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá a entrega dos premios e diplomas ao alumnado premiado en ambos os concursos. O acto  contará coa presenza de Xosé Carracedo Fraga, presidente da SEEC-Galicia; de Benedict Buono, director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC; e de D. Elías Feijo Torres, Decano da Facultade. 

A XVII edición do concurso de cultura clásica “Odisea-2022” recoñece co primeiro premio  traballo do equipo 'As Venus', do IES Marco do Camballón en Vila de Cruces, composto por Antía Iglesias Troiteiro, Alicia López Pedreira e Laura Vila Mouriño, coordinadas pola profesora Lucía Puentes Vázquez. O segundo dos premios distingue o labor do equipo 'Apeles' do IES de Melide, que conforman Belén Agra Parrado, Brais Lugrís Mosteiro e Diego Pintor Barallobre, baixo a dirección da profesora Susana Losada Soto. Finalmente, o terceiro lugar premia o traballo do equipo 'Zeustodopoderosos', do IES Canido de Ferrol, composto por Samuel Castro Primoy, Xende Núñez López e Pablo Pérez Castrillón Martínez, coordinados pola profesora Magdalena Zambrano Salgueiro. 

A VII Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos distingue dúas categorías, para textos en lingua grega e lingua latina.

Na primeira delas, o xurado recoñece o traballo de Manuela Villamarín Puentes, do IES do Castro (Vigo), que se fai co primeiro premio; Sofía Veiga García, do IES Francisco Aguiar (Betanzos), que queda en segundo lugar; e Pablo Castro González, do IES A Guía (Vigo), que recibe o terceiro dos premios da categoría. 

Na modalidade de textos latinos, o primeiro premio é para Aitana Fernández Fernández, do IES do Castro (Vigo); o segundo posto ocúpao Arturo José Díaz Gómez, do IES María Casares (Oleiros); e o terceiro dos premios distingue o traballo de Sara Pardo Veira, do IES Manuel Murguía (Arteixo).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2022.