Santiago de Compostela
Aula Magna da Facultade de Psicoloxía
Terá lugar no marco do XI Encontro da Mocidade Investigadora

A Aula Magna da Facultade de Psicoloxía acolle o luns 10 de xuño o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2021-22 da USC, que se desenvolverán no marco do XI Encontro da Mocidade Investigadora.
A cerimonia, prevista para as 19.00 horas, presídea o reitor da USC, Antonio López. Será a secretaria da EDIUS, María Isabel Neira Gómez, quen irá nomeando as persoas premiadas para que recollan o seu diploma acreditativo, e a continuación intervirá no seu nome Carmen de Santiago Gómez, doutora pola USC no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais e premio extraordinario da área de Artes e Humanidades nesta convocatoria de 2021/22.
Xunto a Carmen de Santiago recollerán o seu premio outros 4 doutorandos e doutorandas da área de Artes e Humanidades, 10 da de Ciencias e Enxeñarías, 12 na de Ciencias da Saúde e 8 da de Ciencias Sociais e Xurídicas.