25.05.2022 | 12.30h-14.00h
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC convoca estes premios co apoio do Servizo de Normalización Lingüística
A Aula de Química Inorgánica da Facultade de Química acolle o 25 de maio ás 12.00 horas a entrega de premios do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de Química sostible. Outorgaranse tes premios, de 400, 300 e 200 euros e un diploma acreditativo.
A iniciativa busca pór de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega e, máis especificamente, divulgar nesta lingua as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria.