Ir o contido principal

Entrega dos premios e inauguración da exposición do IV Concurso de Fotografía da Natureza

19.06.2024 | 18.30h

Santiago de Compostela

O primeiro premio, de 300 euros, foi para Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo titulado ‘Erithacus rubecula’
O primeiro premio, de 300 euros, foi para Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo titulado ‘Erithacus rubecula’

Este mércores 19 de xuño a partir das 18.30 horas entréganse no Museo de Historia Natural da USC os premios ás persoas gañadoras do 'IV Concurso de Fotografía da Natureza: Aves' organizado pola Asociación de Amigos do MHN. O acto será tamén a inauguración da mostra que permanecerá aberta ata o 30 de setembro no propio Museo.

O certame desenvolveuse nos meses de marzo, abril e maio de 2024. O primeiro premio, de 300 euros, foi para Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo titulado 'Erithacus rubecula'; o segundo, de 200 euros, para Fernando Anido Pedreira, pola fotografía 'Lambón'; e o terceiro, de 100 euros, para Luis Gutiérrez Molina por 'Sombra e cor'.

O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos. Os gañadores elixíronse por votación secreta. Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2024.