A cerimonia inclúe o visionado das propostas presentadas ao certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural para a posterior votación do público presente no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e rematará cun concerto de Trilitrate con videocracións en directo

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle este mércores, ás 20.00 horas, a cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreacións, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O visionado das distintas propostas presentadas a concurso abrirá a sesión, que rematará cun concerto do grupo Trilitrate, que acompañará a súa música con videocracións en directo.