30.06.2021 | 12.00h
Evento organizado pola Facultade de Matemáticas

O vindeiro mércores 30 terá lugar a entrega dos premios 'Explícoche Matemáticas 2.0.'. Dada a elevada participación na Categoría A: 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional e pola calidade dos traballos, outorgaranse máis premios dos previstos.
Á entrega asistirá a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, pola temática dos videos premiados e a alta presenza de mulleres premiadas, titoras nos centros de Ensino Medio, o Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, do que depende o Servizo de Normalización Lingüística, e a subdirectora de Política Lingüística, Lourdes Batán Aira.