Ir o contido principal

Entrega de premios da Liga e da Copa de Fútbol 7 do Campus de Lugo

06.05.2025 | 09.00h-14.00h

Campo de fútbol municipal da Cheda
Lugo

Imaxe de arquivo de práctica deportiva na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de práctica deportiva na USC. FOTO: Santi Alvite

O campo de fútbol municipal da Cheda en Lugo será o vindeiro 6 de maio o escenario da entrega de premios tanto da liga como da Copa de Fútbol 7 do Campus de Lugo. No acto intervirán o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, e o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos.

Ás 9.00 e as 10.00 horas terán lugar os enfrontamentos de cuartos de final da Copa; ás 11.00 horas serán as semifinais; e ás 12.00 desenvolverase a final de consolación e a final do torneo. En total xogaranse oito partidos. Neste campionato participan os cinco primeiros clasificados do grupo Polo Título, e os tres primeiros clasificados do grupo Pola Copa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2025.