Ir o contido principal

Entrega de premios das ligas universitarias e campionatos da USC

29.04.2025 | 18.30h

Santiago
Salón de Actos

Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC será o vindeiro martes 29 o escenario da entrega de premios correspondentes ás ligas e campionatos da USC. O acto que botará a andar ás 18.30 horas estará presidido polo reitor Antonio López Díaz e contará coa participación de Pilar Murias, vicerreitora de Estudantes e Cultura; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e UMAD; María José Sampedro, decana da Facultade de Psicoloxía; María Jesús Giráldez, coordinadora do Colexio de Decanos/Decanas, Directores e Directoras de centros da USC; e Iria Liñares, vicepresidenta do Consello do Estudantado.

No transcurso do acto, farase entrega dos galardóns correspondentes ás ligas de baloncesto, fútbol sala, fútbol 7, voleibol mixto e equipos campións de copa, pádel, pickleball, e xogos atléticos.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2025.