O acto enmárcase nas actividades programadas en conmemoración do centenario dos Estudos en Química da USC
A Aula Magna 'Antonio Casares' da Facultade de Química acollerá o martes 18 de outubro a partir das 11.00 horas o acto de entrega dos premios e distincións da Real Sociedad Española de Química (RSEQ) en 2022.
A inauguración do evento contará coas intervencións de Antonio López Díaz, reitor da USC; Antonio M. Echavarren, presidente da RSEQ; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia e Jesús Sanmartín, decano da Facultade de Químicas da USC.
Sonsoles Martín Santamaría, secretaria xeneral da RSEQ, será a encargada de presentar as persoas premiadas nas diferentes categorías, co recoñecemento ás persoas socias con 45 anos de servizos á RSEQ, as distincións dos Chemistry Europe Fellows Class of 2021-2022, o premio a tarefas educativas e divulgativas de ensinanza preuniversitaria, os premios en recoñecemento a a carreiras investigadoras distinguidas, os premios á excelencia Investigadora e a medalla da RSEQ.
O acto inclúe unha conferencia de Víctor García Pidal, director Xeral de Bruker Española, baixo o título "O laboratorio convistas 'moleculares'".
A cerimonia poderá seguirse en liña a través de YouTube.