Ir o contido principal

Entrega de premios do VII Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural

7/3/2023 - 12.00 horas

O acto organizado pola Comisión de Igualdade da EPS de Enxeñaría co gallo do Día Internacional da Muller, desenvolverase o 7 de marzo, ás 12.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC

A Comisión de Igualdade da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebra o martes 7 de marzo, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, o acto de entrega de premios do VII Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural.

A sesión, organizada co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a través da que se pretende facer visible o labor das enxeñeiras, inclúe un relatorio da persoa galardoada, quen dará conta da temática abordada no seu proxecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2023.